Os 17 concellos que integran a reserva da biosfera Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo realizaron hoxe unha plantación simultánea para celebrar o primeiro Día da Árbore dende a resolución da Unesco. Os concellos plantaron ás 12.00 horas exemplares de castaño, cedidos pola Xunta, acompañados por escolares. Ao final da celebración lese un manifesto en que a reserva se compromete coa busca do desenvolvemento sostible. O Concello de Sada tamén se sumou a esta iniciativa e nela participou o noso centro. Os nenos e nenas de 6º curso de primaria plantaron 7 castiñeiros nas proximidades do centro de día de Sada, na parroquia de Quintán. |
Blogue da aula de 6º curso de educación primaria do CEIP Sada y sus Contornos. No ano 1913 nacía en Nova York a Sociedad Sada y sus Contornos.
viernes, 21 de marzo de 2014
Día da árbore nas Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario