Blogue da aula de 6º curso de educación primaria do CEIP Sada y sus Contornos. No ano 1913 nacía en Nova York a Sociedad Sada y sus Contornos.
martes, 25 de marzo de 2014
lunes, 24 de marzo de 2014
Matemáticas: tema 11.
Neste novo tema estudaremos os ángulos e a súa medida. Aquí tedes moitas actividades para practicar e explicacións que completan o traballado na aula.
viernes, 21 de marzo de 2014
Día da árbore nas Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo
| Os 17 concellos que integran a reserva da biosfera Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo realizaron hoxe unha plantación simultánea para celebrar o primeiro Día da Árbore dende a resolución da Unesco. Os concellos plantaron ás 12.00 horas exemplares de castaño, cedidos pola Xunta, acompañados por escolares. Ao final da celebración lese un manifesto en que a reserva se compromete coa busca do desenvolvemento sostible. O Concello de Sada tamén se sumou a esta iniciativa e nela participou o noso centro. Os nenos e nenas de 6º curso de primaria plantaron 7 castiñeiros nas proximidades do centro de día de Sada, na parroquia de Quintán. |
miércoles, 19 de marzo de 2014
Actividade de voluntariado na Biblioteca Municipal
| Os alumnos de 6º curso de educación primaria participantes nun proxecto de voluntariado colaboran coa Biblioteca Municipal Pintor Llorens en actividades de animación á lectura dirixidas aos alumnos de 6º curso de educación infantil do noso colexio. Dentro do proxecto de animación lectora "Onde nacen os libros", os nenos e nenas de 6º colaboraron axudando a facer unha selección de lecturas e tamén a realizar traballos de plástica para ambientar o local onde vai ter lugar a actividade cos alumnos de educación infantil. |
martes, 11 de marzo de 2014
domingo, 9 de marzo de 2014
Matemáticas tema 10.
Para comprender e dominar mellor os números positivos, os negativos, e as operacións con eles, aquí tedes uns enlaces con moitas actividades.
Ordenar números na recta
Comparar números enteiros
Suma dun enteiro positivo
Suma dun enteiro negativo
Resta y suma de números enteiros
Enteiros e coordenadas
martes, 4 de marzo de 2014
domingo, 2 de marzo de 2014
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)























