lunes, 24 de marzo de 2014

Matemáticas: tema 11.

Neste novo tema estudaremos os ángulos e a súa medida. Aquí tedes moitas actividades para practicar e explicacións que completan o traballado na aula. 









viernes, 21 de marzo de 2014

Día da árbore nas Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo

Os 17 concellos que integran a reserva da biosfera Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo realizaron hoxe unha plantación simultánea para celebrar o primeiro Día da Árbore dende a resolución da Unesco. Os concellos plantaron ás 12.00 horas exemplares de castaño, cedidos pola Xunta, acompañados por escolares. Ao final da celebración lese un manifesto en que a reserva se compromete coa busca do desenvolvemento sostible. O Concello de Sada tamén se sumou a esta iniciativa e nela participou o noso centro. Os nenos e nenas de 6º curso de primaria plantaron 7 castiñeiros nas proximidades do centro de día de Sada, na parroquia de Quintán.

miércoles, 19 de marzo de 2014

Expresión escrita: O meu primeiro recordo.

Actividade de voluntariado na Biblioteca Municipal

Os alumnos de 6º curso de educación primaria participantes nun proxecto de voluntariado colaboran coa Biblioteca Municipal Pintor Llorens en actividades de animación á lectura dirixidas aos alumnos de 6º curso de educación infantil do noso colexio.
Dentro do proxecto de animación lectora "Onde nacen os libros", os nenos e nenas de 6º colaboraron axudando a facer unha selección de lecturas e tamén a realizar traballos de plástica para ambientar o local onde vai ter lugar a actividade cos alumnos de educación infantil.
 

domingo, 9 de marzo de 2014

Matemáticas tema 10.

Para comprender e dominar mellor os números positivos, os negativos, e as operacións con eles, aquí tedes uns enlaces con moitas actividades.
Ordenar números na recta 

    Comparar números enteiros  

Suma dun enteiro positivo

Suma dun enteiro negativo    

Resta y suma de números enteiros

Enteiros e coordenadas