miércoles, 19 de marzo de 2014

Actividade de voluntariado na Biblioteca Municipal

Os alumnos de 6º curso de educación primaria participantes nun proxecto de voluntariado colaboran coa Biblioteca Municipal Pintor Llorens en actividades de animación á lectura dirixidas aos alumnos de 6º curso de educación infantil do noso colexio.
Dentro do proxecto de animación lectora "Onde nacen os libros", os nenos e nenas de 6º colaboraron axudando a facer unha selección de lecturas e tamén a realizar traballos de plástica para ambientar o local onde vai ter lugar a actividade cos alumnos de educación infantil.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario